PROXIMOS CONCIERTOS



Los%20Chicos
Quantcast

jueves, 10 de mayo de 2007

Horarios y Cartel Campus Rock


HORARIO DEFINITIVO FESTIVAL DE MUSICA CAMPUS ROCK 2007
_______________________________________________________

# THE NU NILES ( Rockabilly / Punk / Garaxe) - Barcelona - 1:00

# LOS CHICOS ( R&B / Punk / Soul) - Madrid - 23:30

# BLACK BUM ( Bossa / Funk / Experimental / Reggae / Acid Jazz) - A Coruña - 21:45

# HOTsssTRIO (JazZ-Swing) - A Coruña - 20:30

# MOONDOGS BLUES PARTY ( Blues / Música tradicional / Acústica) - A Coruña - 19:00

# MR DIXIE JAZZ BAND (JazZ) - A Coruña - 18:00

De su myspace podéis descargaros la hoja de prensa del festi. Esto es una parte dlemismo, en la que explican un poco el espíritu del festi:
A Universidade da Coruña presenta unha nova edición do seu festival, o CampusRock. Como vén pasando desde hai moitos anos, o noso festival trata de ser un escaparate para os grupos locais e tamén de ofrecer á comunidade universitaria unha oferta cultural que, doutra maneira, sería imposible na cidade. O fío condutor deste ano será a música negra, desde o estilo dixie dos coruñeses “Mr. Dixie Jazz Band” e maila sua formación swing “Hot3sss”, até os sons máis potentes e salvaxes dos madrileños “Los Chicos”, cun fin de festa espectacular: o rockabilly máis sofisticado e xenuíno do trío catalán “The Nu
Niles”. Antes disto, contaremos co grupo revelación do blues galego, “Moondogs Blues Party”, que nos trasladarán ao corazón do delta do Mississipi, e a fusión de “Black Bum”, finalistas do concurso de maquetas de CuacFm, que de seguro sorprenderán e farán bailar á xente co seu estilo hiphopbossa-funk.
Por que Rock’n’Roll ???
Este ano a aposta foi clara: subir ao escenario as distintas mostras da música negra que nos viñeron á mente. Non falta de nada: jazz, blues, garaxe, R’n’R e, mesmo, hiphop
mesturado con ritmos africanos... Un podería pensar, “e que diantres teñen estas músicas de novidosas?”, pois certo que NADA. De feito, a música que escoitaremos
esa noite lévase escoitando xa desde case hai un século. Alí, nos campos de algodón de Nova Orleáns, sementouse das mans dos escravos negros o que hoxe en día é aínda a
música por excelencia, a que xamais pasa de moda, a que provoca esa histeria colectiva e ten o seductor poder de entolecer ás masas. Non, nunca perdemos a fe no Rock&Roll. E aínda que pareza incrible, non é fácil achar estas músicas nos festivais da xeografía galega. Quizais desprazados pola saturación POP ou pola novidade da electrónica, o jazz, o blues e, mesmo, o rock’n’roll máis puro víronse esquecidos polos organizadores
destes eventos. Para saldar esa débeda chega o CampusRock deste ano, onde a palabra máxica ROCK estará máis presente que nunca. Despois disto só queda recomendar
que ninguén se perda, desde as 5 da tarde até ben entrada a madrugada, este percorrido pola historia viva da música que conmocionou o mundo no século XX: a música negra.
Y ya que es un festi solidario, conviene saber con qué colaboramos. Pues tambien se explica en el dossier:
TODOS, absolutamente todos os beneficios do CampusRock 2007 serán destinados á Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC

1 comentario:

Pi dijo...

Suerte para el concierto!!! aunque no la necesitais, jejeje. Ya estoy ansiosa por leer la crónica del concierto y el viaje! ¿qué tal?¿hang-over? jejeje